¡NOVIDADE! - Ti tamén podes

€14.50

Anna Llauradó, Maria Girón

¡NOVIDADE! - Ti tamén podes

€14.50
0 Queden en estoc

Altres idiomes:

ENVÍO GRATUÍTO co código TITAMENPODES

Introduce o código TITAMENPODES antes de facer o pagamento para conseguir o envío gratuíto. Se mercas o libro agora, recibirao en 1-2 semanas.

 

Ti tamén podes, un conto para mestras que desexan despertar nos seus alumnos o espírito crítico e a proactividade, dende a alegría e a esperanza.

Un conto que nos amosa que é posible un mundo mellor e que nos anima a pasar á acción para conseguilo. En exclusiva en GALEGO para a comunidade educativa de Galicia.

Sabes todo o que se agocha detrás deste conto? A historia de Ti tamén podes che dará

  • Un conto cheo de significado e inspiración que che axudará a establecer un diálogo significativo cos teus alumnos.
  • Unha proposta para traballar o espírito crítico e a proactividade dos teus alumnos, dende a esperanza e a ilusión.
  • Unha proposta pedagóxica multinivel REAL para a túa aula de primaria.
  • Un proxecto transversal que parte das inquietudes dos alumnos.
  • O impulso que necesitan os teus alumnos para pasar á acción e que fortalecerá a súa autoestima.
  • Unha metodoloxía que xa foi posta en práctica por numerosos centros educativos, con excelentes resultados.
  • A ferramenta ideal para crear un espazo no que nenos e mozos poidan expresar as súas ideas e sentirse escoitados.
  • Unha oportunidade única de fortalecer o vínculo cos teus alumnos

 

Todo comezou cun conto que fala dun bosque en chamas e dun paporroibo que, pinga a pinga, tenta apagar o lume el só. Cando Mía e os seus compañeiros escoitan esta historia, decátanse que eles tamén poden ser paporroibos e aportar a súa pinga para mellorar o mundo.

“E que podo facer?” é a pregunta que esconde a esencia de Ti tamén podes, un proxecto educativo que amosa os nenos e mozos que un mundo mellor é posible e anímaos a pasar á acción para facelo realidade.

 

Datos técnicos:

  • Recomendado para maiores de 9 anos
  • Número de páxinas: 56
  • Selo Lectura Fácil

Descarga a ficha do conto

 

Esta obra recibiu unha subvención da Xunta de Galicia.

 

PayPal