Ordenar por:
Ti tamén podes
16,00€
Ti tamén podes, un conto para mestras que desexan despertar nos seus alumnos o espírito crítico e a proactividade, dende a alegría e a esperanza.
Un conto que nos amosa que é posible un mundo mellor e que nos anima a pasar á acción para conseguilo. En exclusiva en GALEGO para a comunidade educativa de Galicia.
Sabes todo o que se agocha detrás deste conto? A historia de Ti tamén podes che dará
Un conto cheo de significado e inspiración que che axudará a establecer un diálogo significativo cos teus alumnos.
Unha proposta para traballar o espírito crítico e a proactividade dos teus alumnos, dende a esperanza e a ilusión.
Unha proposta pedagóxica multinivel REAL para a túa aula de primaria.
Un proxecto transversal que parte das inquietudes dos alumnos.
O impulso que necesitan os teus alumnos para pasar á acción e que fortalecerá a súa autoestima.
Unha metodoloxía que xa foi posta en práctica por numerosos centros educativos, con excelentes resultados.
A ferramenta ideal para crear un espazo no que nenos e mozos poidan expresar as súas ideas e sentirse escoitados.
Unha oportunidade única de fortalecer o vínculo cos teus alumnos
Todo comezou cun conto que fala dun bosque en chamas e dun paporroibo que, pinga a pinga, tenta apagar o lume el só. Cando Mía e os seus compañeiros escoitan esta historia, decátanse que eles tamén poden ser paporroibos e aportar a súa pinga para mellorar o mundo.
“E que podo facer?” é a pregunta que esconde a esencia de Ti tamén podes, un proxecto educativo que amosa os nenos e mozos que un mundo mellor é posible e anímaos a pasar á acción para facelo realidade.
Datos técnicos:
Recomendado para maiores de 9 anos
Número de páxinas: 56
Selo Lectura Fácil
Descarga a ficha do conto
Esta obra recibiu unha subvención da Xunta de Galicia.
Un ano ao redor do gran carballo
17,50€
Un libro cheo de beleza co que Gerda Muller acompáñanos a facer un percorrido polas 4 estacións do ano.
Xacobe e os seus pais viven nunha casa no medio do bosque. Cando os visitan os seus curmáns, Anxo e Alba, Xacobe decide ensinarlles una árbore moi especial: un gran carballo que ten máis de 300 anos!
Mediante as visitas que os tres rapaces fan ao gran carballo durante un ano, este libro acércanos aos cambios que vive o bosque ao longo das estacións. Desde o acougo do inverno ata a buliciosa actividade dos meses de verán. Desde o esplendor da primavera ata as follas marróns, vermellas e douradas de outono.
Sexa cando sexa, as ramas do gran carballo serven de refuxio para a vida que poboa o bosque.
E, para os máis maiores, inclúe un anexo de ciencias naturais!
Cunha coidada descrición dos animais e as plantas que habitan nos nosos bosques, este libro é ideal para descubrir e aprender os secretos da flora e a fauna do noso entorno. Unha gran ferramenta para dar respostas á curiosidade que desperta a natureza nos máis cativos.
Datos técnicos:
A partir de 5 anos
Número de páxinas: 48
Selo Lectura Fácil
Descarga a ficha do conto
Esta obra recibiu unha subvención da Xunta de Galicia.
Os tomates de Mila
15,50€
Unha historia inspiradora para que os máis cativos descubran o amor pola natureza e valores como o saber esperar, o esforzo ou a cooperación
O avó faille a Mila un agasallo moi especial: unhas tomateiras.
Ela aprenderá a plantalas e coidalas. Día tras día, Mila irá descubrindo, feliz, como as súas plantas van cambiando e crecendo.
Grazas ao seu esforzo, dedicación e amor, as tomateiras daranlle moito máis que os seus froitos: tamén lle ensinarán leccións que a acompañarán para sempre.
Datos técnicos:
A partir de 3 anos
2ª edición
Núm. páxinas: 36
Selo Lectura Fácil
Seleccionado como un dos 10 mellores libros publicados en español en 2020 pola New York Public Library (ver noticia aquí)
Descargar a ficha
Pack Contos con Xeito
67,00€
Preparamos un pack especial con todos os nosos contos en galego
Os tomates de Mila
Unha historia inspiradora para que os máis cativos descubran o amor pola natureza e valores como o saber esperar, o esforzo ou a cooperación
O ovo do sol
Unha pequena fada que vive nun frondoso bosque do norte descobre algo extraordinario: un ovo do sol!
Como chegou ao bosque? Que tes que facer para devolvelo ao seu niño?
Ti tamén podes
Un conto que nos amosa que é posible un mundo mellor e que nos anima a pasar á acción para conseguilo.
Un ano ao redor do gran carballo
Un libro cheo de beleza co que Gerda Muller acompáñanos a facer un percorrido polas 4 estacións do ano.
Xacobe e os seus pais viven nunha casa no medio do bosque. Cando os visitan os seus curmáns, Anxo e Alba, Xacobe decide ensinarlles una árbore moi especial: un gran carballo que ten máis de 300 anos!
PVP: 67€
Envío gratuíto dentro da península
O ovo do sol
18,00€
Unha reedición revisada dunha historia clásica co encanto dos bosques nórdicos.
Unha pequena fada que vive nun frondoso bosque do norte descobre algo extraordinario: un ovo do sol!
Como chegou ao bosque? Que tes que facer para devolvelo ao seu niño?
Coa axuda dos elfos e varios animais que viven no bosque, descubrirá a verdadeira natureza deste misterioso obxecto.
Datos técnicos:
A partir de 5 anos
Núm. páxinas: 32
Selo Lectura Fácil
L’ou del sol ou del sol