ING EDICIONS

Contos con xeito: Todos os nosos contos en galego

85,50€ 80,95€

Quedan 4 en stock

Compra hoy y recibe el
Para envíos dentro de España peninsular y Baleares, 72h hábiles desde la compra. Los tiempos a Canarias y despachos internacionales pueden variar. Puedes consultar la política de envíos para más información.
Envío gratis desde 50 € (Península y Baleares)

bizumamerican expressapple paygoogle paymasterpaypalvisa

    Cinco contos para medrar, imaxinar e descubrir o mundo en galego

     

    Presentámosche un pack especial con todos os nosos contos en galego: unha selección de cinco libros ilustrados que nos achegan á natureza, ao paso das estacións, aos vínculos, á cooperación e á capacidade de transformar o mundo que nos rodea.

    Os tomates de Mila: Unha historia inspiradora para que os máis pequenos descubran o amor pola natureza e valores como a paciencia, o esforzo e a cooperación.

    O ovo do sol: Unha pequena fada que vive nun frondoso bosque do norte atopa algo extraordinario: un ovo do sol! Como chegou ata o bosque? Que terá que facer para devolvelo ao seu niño?

    Ti tamén podes: Un conto que nos lembra que un mundo mellor é posible e que nos anima a pasar á acción para conseguilo.

    Un ano ao redor do gran carballo: Un libro cheo de beleza no que Gerda Muller nos acompaña nun percorrido polas catro estacións do ano. Xacobe e os seus pais viven nunha casa no medio do bosque. Cando os seus curmáns van visitalos, decide ensinarlles unha árbore moi especial: un gran carballo de máis de trescentos anos.

    A Clara e o ciclo da la: Clara acompáñanos a descubrir de onde vén a la e como se transforma ata converterse nun material cálido e útil. Un conto sobre a natureza, os oficios tradicionais, o paso do tempo e o valor de coñecer e respectar cada parte do proceso.

    O pack inclúe os cinco libros en galego e o envío gratuíto dentro da Península.

    Datos técnicos